De Rosalía a Begoña Caamaño: as letras galegas con voz de muller
A Facultade de Educación e Traballo Social celebra as Letras Galegas 2026 cunha presentación de traballos audiovisuais feitos por alumnado do centro arredor da autora homenaxeada este ano e nos que reinterpretaban contos tradicionais. Tamén houbo unha conversa con Ana Romaní e Beatriz Caamaño titulada 'O compromiso en feminino', e a lectura do relato Xogando con Begoña, a cargo de Maika Aguado. A sesión rematou cun concerto do músico e profesor da facultade Xosé Constenla no que dialogou cos textos xornalísticos de Begoña Caamaño.
Galego
Vistas totales:
57